DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2009 pola que se anuncia a convocatoria dun procedemento aberto, con tramitación ordinaria, para a contratación consistente na prestación do servizo de seguridade privada nas dependencias deste instituto.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2009/227.01/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización da prestación do servizo de seguridade privada nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

b) Prazo de execución: será de catro anos contados desde o día 1 de abril de 2009 ata o 31 de marzo de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 600.000 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 18.000 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 13 99.

e) Telefax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que deben presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Instituto Gallego de Estadística, das 9.00 ás 14.00 horas. No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas económicas.

a) Entidade: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística.

b) Data: a data e hora de realización da mesa de apertura do sobre C publicarase na plataforma de contratación, no taboleiro de anuncios do órgano de contratación e na páxina web www.ige.eu

10. Outras informacións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet, no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11395

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2009.

Ángel L. Tarrío Tobar

Director do Instituto Galego de Estatística