DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada que se indica a resolución do procedemento sancionador ES-P-0003/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o inicio do procedemento sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2009.

Eudosio Álvarez Álvarez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Isabel Alonso Martínez.

Expediente: ES-P-0003/08.

Último domicilio coñecido: rúa Pateira núm. 7-6º A, Vigo, Pontevedra.

Indicación do contido:

Primeiro.Impoñer a Isabel Alonso Martínez unha sanción no seu grao medio de quince mil euros (15.000 €) por ser responsable dunha infracción tipificada como moi grave no artigo 54.1º h) da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia, xa que non destina a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública de que é titular e a dedica a usos non autorizados.

Segundo.Impoñer a Isabel Alonso Martínez outra sanción de multa, no seu grao mínimo, de 601,02 € por non depositar no IGVS a fianza obrigatoria do contrato de aluguer da vivenda de promoción pública sita na rúa Pateira, núm. 7, planta sexta, letra A en Vigo, e ser responsable dunha infracción tipificada como grave no artigo 53.1º l) da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia.

Terceiro.-Impoñer a entidade Fincas Santoro, S.L., unha sanción no seu grao mínimo de multa de 601,02 € por ser responsables dunha infracción tipificada como grave no artigo 53.1º c) da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia, por vulnerar os principios de obxectividade, veracidade e indución á confusión no aluguer que realizou da devandita vivenda de promoción pública.

Recursos: de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Vivenda e Solo no prazo dun mes que se contará a partir do seguinte ao da notificación desta resolución.