DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Vivenda e Solo, pola que se lle notifica a Ángel Fernández Rodríguez a resolución do recurso de alzada V-2008/0460, interposto contra a resolución do delegado provincial de Lugo do 9 de abril de 2008.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido en r/ Poeta Cabanillas, 15, 1º D en Lugo, a resolución do recurso de alzada número V-2008/0460 interposto contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo en Lugo, do 9 de abril de 2008, cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo desestimar o recurso de alzada número V 2008/0460, interposto por Ángel Fernández Rodríguez contra a Resolución do 9 de abril de 2008 polo delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo en Lugo pola que se acorda denegar a ampliación do período de subsidio do préstamo cualificado para a adquisición dunha vivenda declarada protexida sita na rúa Poeta Cabanillas, 15-1º D, no concello de Lugo; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula».

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2009.

Rosa Losada Suárez

Secretaria xeral da Consellería de Vivenda e Solo