DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se lles notifican aos interesados os acordos de incoación de expedientes administrativos de desafiuzamento por non ocupación 16/2008 e outro máis.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ao interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto nos artigos 61.2º F) da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia, 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta cédula para a contestación ao acordo ante este Servizo Provincial do IGVS, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ao interesado de enderezo descoñecida, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 13 de xaneiro de 2009.

Xoán Carlos Bascuas Jardón

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 16/2008.

Expedientado: Vicente Quintáns Brage e herdeiros.

Último domicilio coñecido: rúa Negreira, nº 1, baixo D (Santiago de Compostela).

(Expte. C-590, conta 165).

Nº expediente de desafiuzamento: 17/2008.

Expedientado: Isolino Enjo Garazo e outros.

Último domicilio coñecido: praza de León nº 5, bloque 7, P-5, 3º esq. (Santiago de Compostela).

(Expte. C-106-CD/67, conta 125).