DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se lles notifican aos interesados resolucións emitidas no expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal C-82/040, conta 97.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de vivendas de protección oficial (VPO), aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles aos interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, as resolucións dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista nos artigos 61.2º.B da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia, 30.2º do texto refundido da lexislación de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

A dita resolución ordena o lanzamento de Manuel A. Cortés Jiménez, Mª Dolores Ventos Montoya e outros da vivenda que ocupan, sita en Santiago de Compostela, rúa Touro, bloque 18, baixo A (expte. C-82/040, conta 97), e outórgalles un prazo previo de sete días para o seu desaloxo voluntario.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario nomeado para o efecto polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, coa perceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a conselleira de Vivenda e Solo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 13 de xaneiro de 2009.

Xoán Carlos Bascuas Jardón

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 11/2008.

Expedientado: Manuel A. Cortés Jiménez, Mª Dolores Ventos Motoya e outros.

Último domicilio coñecido: r/ Touro, bloque 18, baixo A (Santiago de Compostela) (expte. C-82/040, conta 97).