DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construción ao laboratorio Organismo de Control de Calidad, S.L., con domicilio na rúa D, nave 33, polígono industrial do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

De acordo co establecido no Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproba o sistema para a acreditación dos laboratorios de ensaio para o control de calidade da construción, a Orde FOM 2060/2002 do 2 de agosto (BOE do 13 de agosto) pola que se aproban as disposicións reguladoras das áreas de acreditación, e a Orde FOM/898/2004 do 30 de marzo (BOE do 7 de abril), e por proposta da Subdirección Xeral de Habitabilidade e Calidade da Edificación e con informe favorable do Servizo de Calidade na Edificación conforme establece o artigo 6.2º 1 do Decreto 505/2005, do 22 de setembro (DOG do 28 de setembro), esta Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder a acreditación e inscribir no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construción ao laboratorio Organismo de Control de Calidad, S.L., con domicilio na rúa D, nave 33, polígono industrial do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

1.1. Área de sondaxes, toma de mostras e ensaios in situ para recoñecementos xeotécnicos. Ensaios básicos (GTC).

Número de rexistro L 15045 GTC 08 B.

1.2. Área de ensaios de laboratorio de xeotecnia. Ensaios básicos e ensaios complementarios (GTL).

Número de rexistro L 15045 GTL 08 B + C e os ensaios complementarios que se relacionan:

Resistencia e deformación de rochas.

Resistencia á compresión uniaxial: UNE 22950-1:1990.

Resistencia á tracción. Determinación indirecta (ensaio brasileiro): UNE 22959-2:1990.

Determinación do módulo de elasticidade (Young) e do coeficiente de Poisson: UNE 22950-3:1990.

Resistencia á carga puntual: UNE 22950-5: 1996.

Segundo.-Calquera variación nas condicións que serviron de base para acreditación do laboratorio deberá ser comunicada a esta dirección xeral no momento que se produza.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Vivenda e Solo, no prazo dun mes a partir do día seguiente ao da notificación desta resolución.

Faise público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2008.

Encarna Otero Cepeda

Directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda