DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 22 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de desistencia do 7 de novembro de 2008, da axuda ou subvención polo establecemento como traballador autónomo do expediente TR341D 2008/349-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da subvención polo establecemento como traballador autónomo do programa de promoción do emprego autónomo consonte o establecido na Orde do 21 de abril de 2008 (DOG nº 81, do 28 de abril), publícase:

1º Expediente de procedemento: TR341D 2008/349-2.

Orde da convocatoria: 21 de abril de 2008 (DOG nº 81, do 28 de abril).

Interesado: Francisco Javier Ramos González.

Enderezo: grupo das Fontiñas, bloque 3, port. 3-4º esq., 27800, Vilalba-Lugo.

Asunto: resolución de axudas á promoción do emprego autónomo.

Resolución:

Examinada a solicitude de axuda para a promoción do emprego autónomo, presentada por Francisco Javier Ramos González, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-O 30-5-2008 Francisco Javier Ramos González presenta solicitude para o seguinte tipo de axuda: subvención polo establecemento como traballador autónomo.

Segundo.-Examinada a documentación presentada polo solicitante obsérvase que esta non está completa, motivo polo cal, desde esta delegación provincial, se procede a requirir o interesado para que emende a falta, outorgándolle o prazo establecido legalmente e advertíndoo de que, de non achegar a documentación preceptiva, se lle terá por desistido da súa solicitude.

Terceiro.-O 29-9-2008, e conforme o sinalado con anterioridade, procédese á notificación do requirimento no domicilio e lugar indicado polo interesado no seu escrito de solicitude, de conformidade co establecido no artigo 59.2º de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-A mencionada notificación foi recibida por esa parte o 3-10-2008, segundo consta na tarxeta de aviso de recibo dilixenciado polo servizo de correos.

Quinto.-A pesar das razóns expostas con anterioridade, o solicitante non achega en tempo e forma a documentación requirida.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolver a solicitude corresponde, por delegación do conselleira de traballo, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 9 da Orde do 21 de abril de 2008, (DOG nº 81, do 28 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras do programa do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008, en relación co Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, e a Orde do 7 de setembro de 2006 da Consellería de Traballo, sobre delegación e desconcentración de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Traballo.

Segundo.-O artigo 10 da orde reguladora en relación cos artigos 42.1º e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Intentada a notificación de conformidade co establecido legalmente, tendo en conta as garantías do procedemento e ante a non presentación polo solicitante da documentación requirida no prazo concedido, esta delegación provincial, vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

ACORDA:

Declarar a desistencia da súa solicitude.

Notifíqueselle esta resolución ao interesado e fágaselle saber que pon fin á vía administrativa e contra a cal cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo isto de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 22 de decembro de 2008. P.D. José Miguel Vázquez Calvo. Delegado provincial de Lugo.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Lugo.

Lugo, 22 de decembro de 2008.

José Miguel Vázquez Calvo

Delegado provincial de Lugo