DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 16 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 17 de outubro de 2008, de recurso de reposición das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo TR347D 2006/232-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de recurso de reposición da solicitude das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 25 de marzo de 2006 (DOG nº 64, do 31 de marzo), publícase:

1º Expediente de procedemento: TR347D 2006/232-5.

Orde da convocatoria: 25 de marzo de 2006 (DOG nº 64, do 31 de marzo).

Interesado: Grupo Capital Vigo, S.L.

Enderezo: Jenaro de la Fuente, 21-B, 36205, Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Traballo do 17 de outubro de 2008, ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2006.

Resolución:

Visto o recurso de reposición interposto polo interesado, notifícolle a resolución ditada por esta delegación provincial:

Antecedentes.

1. A Resolución do 19-1-2007, notificada o 29-1-2007, declarou a desestimación da solicitude de concesión de axudas pola contratación de mozos menores de 30 anos presentada por Roberto Rubial Veiga en nome e representación de Grupo Capital Vigo, S.L.

2. O interesado presentou recurso de reposición contra a devandita resolución con data do 1-3-2007.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para resolver o recurso vén determinada polas disposicións seguintes:

-Artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Artigo 3 e disposición adicional terceira da Orde do 25 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción dos mozos e mozas menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

-Decreto 20/2007, do 22 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, e a Orde do 7 de setembro de 2006, da Consellería de Traballo, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Traballo.

Segundo.-O artigo 6.3º da orde reguladora, en aplicación do artigo 117.1º da Lei 30/1992, establece o prazo dun mes para a interposición do recurso de reposición. O cómputo de prazo sinalado por meses, consonte o artigo 48 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, segundo diferentes disposicións legais do noso ordenamento xurídico (artigo 5 do Código civil, artigo 133.3º da Lei de axuizamento civil ou artigo 185 da Lei orgánica do poder xudicial) e reiterada xurisprudencia (STS 25-11-2003, STS 2-12-2003, STS 15-12-2005 E STS 8-3-2006) realizarase de data a data. Este prazo comeza a contarse desde o día seguinte ao da publicación ou notificación do acto e enténdese como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación ou notificación.

Por outra banda, o artigo 48.2º i.f) da Lei 30/1992 sinala que se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderáse que o prazo expira o último día do mes.

Neste suposto, a notificación fíxose con data do 29-1-2007, polo que o prazo para a interposición do recurso de reposición finalizou o 28-2-2007. O interesado presentou o recurso o 1-3-2007 razón pola que, de conformidade co artigo 113.1º da citada lei, procede declarar a súa inadmisión.

En virtude dos antecedentes e fundamentos expostos,

RESOLVO:

Inadmitir o recurso de reposición interposto con data do 1-3-2007 e confirmar a resolución ditada por esta delegación provincial o 19-1-2007.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses desde o día seguinte ao desta notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo), reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 17 de outubro de 2008. P.D. Pedro Borrajo Rivas. Delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Vigo.

Vigo, 16 de decembro de 2008.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra