DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 16 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 14 de outubro de 2008, de recurso de reposición das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo TR345B 2006/354-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de recurso de reposición da solicitude das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 21 de abril de 2006 (DOG nº 82, do 28 de abril), publícase:

1º Expediente de procedemento: TR345B 2006/354-5.

Orde da convocatoria: 21 de abril de 2006 (DOG nº 82, do 28 de abril).

Interesado: Transporte Total Gallego, S.A.

Enderezo: rúa San Roque, 3, 36002 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Traballo do 14 de outubro de 2008, ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2006.

Resolución:

Visto o recurso de reposición presentado polo interesado, notifícolle a resolución ditada por esta delegación provincial:

Antecedentes.

1. A Resolución do 2-1-2007 notificada o 11-1-2007 declarou a desestimación da solicitude de axudas pola contratación indefinida, solicitada por Máximo Neira Cruz en nome e representación de Transporte Total Gallego, S.A.

2. O interesado presentou recurso de reposición contra a devandita resolución con data do 12-2-2007.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para resolver o recurso vén determinada polas disposicións seguintes:

-Artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Artigo 9 da Orde do 21 de abril de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para plans empresariais de estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

-Decreto 20/2007, do 22 de febreiro, que modifica o Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, e a Orde do 7 de setembro de 2006, da Consellería de Traballo, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Traballo.

Segundo.-A resolución obxecto do recurso denegou as axudas pola contratación de tres traballadores, dado que as persoas contratadas finalizaron unha relación laboral de carácter indefinido dentro dos tres meses previos á formación do contrato polo que se solicita a subvención.

Terceiro.-Alega o recorrente que estes traballadores perderon a relación laboral indefinida por un despedimento improcedente. Así mesmo, achegan notificación de fin de contrato e documento de liquidación e liquidación dunha traballadora, así como outra documentación.

Cuarto.-No suposto da traballadora Mª Carmen Reigosa Couso queda acreditado que o despedimento reúne as condicións para ser considerado como improcedente para os efectos da orde reguladora. Polo tanto, resulta procedente considerar as alegacións do interesado.

Quinto.-Por outra banda, no caso dos outros traballadores, o solicitante non presenta documentación que acredite as súas afirmacións e xustifique a improcedencia do despedimento previo.

Sexto.-Por todo o anteriormente exposto, e conforme os principios de legalidade e obxectividade que rexen a actividade administrativa en materia de fomento, que impiden exceptuar a aplicación da normativa reguladora para atender as pretensións formuladas, o recurso non pode ser estimado na súa totalidade.

En virtude dos antececedentes e fundamentos expostos,

RESOLVO:

Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por Máximo Neira Cruz, en nome e representación de Transporte Total Gallego, S.A. no relativo ás axudas e subvencións solicitadas por Mª Carmen Reigosa Couso.

Desestimar o devandito recurso de reposición interposto contra a denegación das axudas pola contratación indefinida de Francisco Vidal Sobral e Ramón Domínguez García con data do 12-2-2007 e confirmar a resolución ditada por esta delegación provincial o 2-1-2007.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses desde o día seguinte ao desta notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998 do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo) reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 14 de outubro de 2008. P.D. Pedro Borrajo Rivas. Delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Vigo.

Vigo, 16 de decembro de 2008.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra