DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 16 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 5 de setembro de 2008, de recurso de reposición das axudas á contratación en prácticas do expediente administrativo AS344D 2005/28-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de recurso de reposición da solicitude das axudas á contratación en prácticas do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 16 de marzo de 2005, (DOG do 18 de marzo), publícase:

«1º. Expediente de procedemento: AS 344D 2005/28-5.

Orde de convocatoria: 16 de marzo de 2005, (DOG do 18 de marzo).

Interesada: Mª Paz García González.

Enderezo: r/ Portugal, 1-1º B, 36380 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Traballo do 5 de setembro de 2008, ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2005.

Resolución:

Visto o recurso de reposición interposto pola interesada, notifícolle a resolución adoptada por esta delegación provincial:

Antecedentes.

1. A resolución do 21-12-2005, notificada o 30-12-2006, declarou a desistencia da solicitude de axudas respecto da conciliación da vida laboral e familiar, presentada por Mª Paz García González en nome e representación de García González, Mª Paz.

2. A interesada presentou recurso de reposición contra a devandita resolución o 26-1-2006.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para resolver o recurso vén determinada polas disposicións seguintes:

-Artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Artigo 6 e disposición adicional terceira da Orde do 16 de marzo de 2005 (DOG do 18 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2005.

-Decreto 20/2007, do 22 de febreiro, que modifica o Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, e a Orde do 7 de setembro de 2006, da Consellería de Traballo, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Traballo.

Segundo.-A resolución obxecto do recurso foi ditada de acordo co artigo 9 da citada orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O devandito artigo establece que se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achega a documentación exixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente requirirán do interesado que nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistido da súa petición de conformidade co preceptuado no artigo 71 da Lei 30/1992, anteriormente referida.

Terceiro.-A recorrente foi notificada o 13-9-2005 para que achegase certa documentación necesaria para a tramitación da súa solicitude de axuda.

Cuarto.-Con data do 14-10-2005 a interesada remite certa documentación.

Quinto.-Ante a indebida presentación da documentación requirida, a Administración actuante viuse impedida de continuar o procedemento, tendo isto como consecuencia a necesidade de declarar a desistencia da solicitude de axudas presentada.

Sexto.-Alega a recorrente que os boletíns de cotización que se presentaron eran os orixinais que entrega o banco, pero que estes non levan ningún tipo de selo, ni sinatura orixinal súa, polo que o seu organismo non os compulsa.

Sétimo.-Revisado o expediente, queda acreditado que os documentos presentados non son orixinais, senón fotocopias sen compulsar, polo que se incumpre o establecido no requirimento do 13-9-2005, de acordo co artigo 8 da orde reguladora.

Oitavo.-Entende tamén a interesada que noutras solicitudes foi suficiente coa presentación dos documentos relativos á cotización de autónomos.

Noveno.-O artigo 8 da orde reguladora indica que as solicitudes deberán presentarse xunto coa seguinte documentación: 3. Documentación acreditativa de que se encontran ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

A documentación achegada pola interesada soamente fai referencia á cotización de autónomos, pero non acredita o cumprimento de todas as súas obrigas coa Seguridade Social, polo que non pode ser considerada suficiente para os efectos do establecido no artigo 8.3º da orde reguladora.

Décimo.-A interesada presenta co recurso un certificado da situación de cotización da empresa.

Décimo Primeira.-Conforme o establecido no artigo 112 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se terán en conta na resolución dos recursos, feitos, documentos ou alegación do recorrente, cando podendo presentalos no trámite de alegacións, non o fixer.

Décimo Segundo.-Por todo o anteriormente exposto, tendo en conta que a alegación da recorrente non desvirtúan a fundamentación anterior e conforme os principios de legalidade e obxectividade que rexen a actividade administrativa en materia de fomento, que impiden exceptuar a aplicación da normativa reguladora para atender as pretensións formuladas, o recurso non pode ser estimado.

En virtude dos antecedentes e fundamentos expostos,

RESOLVO:

Desestimar o recurso de reposición interposto por Mª Paz García González, en nome e representación de García González Mª Paz con data do 26-1-2006, e confirmar a resolución ditada por esta delegación provincial o 21-12-2005.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses desde o día seguinte ao desta notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo), reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 5 de setembro de 2008. P.D. Pedro Borrajo Rivas. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Vigo.

Vigo, 16 de decembro de 2008.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra