DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ANUNCIO do 29 de decembro de 2008 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra João Artur Fernández Correia (concello de Oia). Clave DH.D36.14870.

Con data do 10 de novembro de 2008 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra João Artur Fernández Correia pola comisión dunha infracción de carácter grave, tipificada no artigo 91.2º f) da Lei de costas, consistente na realización dunha vertedura non autorizada de augas residuais desde terra ao mar.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela) e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada contra ela, se o considera conveniente.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2008.

José Luis Romero Valeiras

Director xeral de Augas de Galicia