DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto, dun contrato plurianual e tramitación anticipada de servizos de impartición de ensinanzas especializadas para a obtención de titulacións menores profesionais náutico-pesqueiras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Ensino e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 11-2009. Referencia: 2008-14-1414.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de impartición de ensinanzas especializadas para a obtención de titulacións menores profesionais náutico-pesqueiras.

b) División por lotes e número: 3 lotes.

-Lote1: zona norte.

-Lote 2: zona centro.

-Lote 3: zona sur.

c) Lugar de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2010.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total.

-Exento de IVE (por ser formación profesional), 553.000 euros.

-Lote 1: zona norte, 125.200 €.

-Lote 2: zona centro, 164.800 €.

-Lote 3: zona sur, 263.000 €.

5. Garantía provisional: si, 3% do orzamento de licitación de cada lote.

-Lote 1: zona norte, 3.756 €.

-Lote 2: zona centro, 4.944 €.

-Lote 3: zona sur, 7.890 €.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Ensino e Investigación Mariña.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o cadro de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14.00 horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Rexistro Único Xeral da Xunta de Galicia.

-Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

No caso de enviar a proposición por correo, deberá xustificarse a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telegrama ou télex no mesmo día.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 10.30.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

11. Páxina web onde se poden obter os pregos.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=11392

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2009.

Fátima Linares Cuerpo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro