DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente INC-CO-0156-2008 PAS e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola delegada provincial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Delegación Provincial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos-3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2009.

Olga María García Agra

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0156-2008 PAS.

Denunciada: Dolores González Sanlés.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-CO-0217-2008 LSA

Denunciada: María Josefa Noya Rodríguez.

Acto de notificación: propuesta de resolución e resolución.