Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. San Pedro de Visma.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, con orixe na L.M.T.S. SPV-701 entre os CC.TT. estrada de Bens e Entrecasas, condutor tipo R.H.Z.1, en final no C.T. proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.
A Coruña, 8 de xaneiro de 2009.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña