Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza de Constitución, 17, 15270, Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T., C.T. avda. Fisterra-Queiral.
Situación: Cee.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,314 km, con orixe na L.M.T.S. ao C.T. Doca, condutor tipo 2 R.H.Z.1 12/20 kV 3(1x240) Al, e final no C.T. proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Cee.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.
A Coruña, 8 de xaneiro de 2009.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña