DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/387).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza de Constitución, 17, 15270, Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Berroxe.

Situación: Cee.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (L.M.T.A.) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T.A. ao Faro C.T. Fadibón (expediente IN407A 07/603), con condutor LA-56/54,6 mm2 Al, e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación (C.T.) intemperie para instalar no lugar de Berroxe, cunha potencia de 160 kVA e una relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV.

Liña de baixa tensión aérea, cumha lonxitude total de 0,445 km, con orixe no C.T. proxectado, con conductores tipo R.Z. e sobre apoios de fomigón. Concello de Cee.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña