Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante:Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. estrada de Castela nº 174.
Situación: Narón.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,03 km, con orixe e final na L.M.T.S. a C.T. no Pereiro, condutor tipo R.H.Z.1-12/20 kV 3(1x240) al.
Centro de transformación non prefabricado cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Narón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 8 de xaneiro de 2009.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña