DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 8 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/31).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Pazo-Bomba.

Situación: Abegondo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,881 km, con condutor tipo R.H.Z.1 12/20 3(1x240) mm2 Al, con orixe na liña existente en C.T. Limiñón-Barral (expediente IN407A 05/278), e final no C.T. Pazo-Bomba proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV.

Liña de baixa tensión aérea (R.B.T.A.), cunha lonxitude total de 0,530 km, con orixe no apoio nº 1 existente, con condutor R.Z. e sobre apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea (R.B.T.S.), con orixe no C.T. proxectado cunha lonxitude de 0,042 km, con condutor tipo X.Z.1 0,6/1 kV 4(1x240 Al). Concello de Abegondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña