DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 16 de decembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/584).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xestosa.

Situación: Zas.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,948 km, con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. aérea derivada ao C.T. Brandoñas, condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,306 km, con orixe no C.T. proxectado, condutor tipo R.Z., e apoios de formigón. Concello de Zas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 16 de decembro de 2008.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña

Ver referencia pdf "02400D026P060.PDF"