DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 12 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición da autorización, a aprobación do proxecto de excución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/225-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T. cruzamento Liñares-Rouzós.

Situación: concello de Amoeiro.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 1.910 m en aéreo e 1.234 m en subterráneo (792 m conexión coa L.M.T. ao centro de repartición Liñares (expediente 08/210) e 442 m para o entrocamento coa L.M.T. ao C.T. Rouzós). Tramo aéreo intermedio con condutor LA-110 a apoios de formigón tramo subterráneo con condutor R.H.Z. 12/20 kV-3×240 Al. Orzamento: 172.601,79 euros.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria ocupación, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar as súas alegacións, por duplicado, nesta delegación provincial, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aquelas outras que se consideren oportunas.

Ourense, 12 de decembro de 2008.

Xosé Antón Jardón Dacal

Delegado provincial de Ourense

Ver referencia pdf "02400D024P057.PDF"