DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2009 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto con tramitación ordinaria, do contrato de xestión de servizo público, que ten por obxecto o servizo do comedor escolar no CEIP Julio Gurriarán Canalejas do concello do Barco de Valdeorras, Ourense.

Aprobados os expedientes de contratación que a continuación se identifican, mediante as oportunas resolucións adoptadas polo órgano de contratación, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación.

Esta resolución constitúe o acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Recursos Educativos Complementarios.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de comedor escolar, consistente na elaboración de comidas e o seu servizo no CEIP Julio Gurriarán Canalejas do concello do Barco de Valdeorras, (Ourense).

b) Prazo de execución: dous anos (2 anos).

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 79.170€. IVE incluído.

Anualidade 2009: 27.144 €.

Anualidade 2010: 40.263,60 €.

Anualidade 2011: 11.762,40 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: cinco por cento (5%) do orzamento de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Clasificación: non se exixe

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Recursos Educativos Complementarios.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

7.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfonos: 981 54 44 28/981 54 44 92.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Recursos Educativos Complementarios. Edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11409

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: Rexistro Único da Xunta de Galicia, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n. 15781, Santiago de Compostela, ou por correo certificado. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 54 43) no mesmo día.

Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: ás 10.00 horas do sexto día hábil contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo para presentar proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2009.

P.D. (Orde 26-8-2005)

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria