DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CÉDULA do 26 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación de tres resolucións de expedientes tramitados por esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 13, do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle con carácter de urxencia á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de tres e dous meses respectivamente, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil

O correspondente expediente figura no Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores, da Delegación Provincial de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar en Vigo.

Nº expediente: 1995/297.

Interesado: Miguel Ángel González Lago.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación de dúas resolucións administrativas con datas 2 de xullo de 2008 e 4 de setembro de 2008.

Vigo, 26 de decembro de 2008.

Francisco Xabier Verea Argibay

Delegado provincial de Pontevedra