DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (122/2008).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número un de Lugo, fago saber que no procedemento execución nº 122/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Caballero Vargas contra as empresas Guillermo Astiárraga García, Astiárraga García Montajes, S.L., AG Instalaciones y Montajes CB, Jorge Astiárraga García, sobre despedimento, se ditou auto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Na cidade de Lugo, o 12 de novembro de 2008. Parte dispositiva: ao non ter procedido a empresa á readmisión do traballador José Ángel Caballero Vargas como así se acordou en sentenza con data do 31-7-2008, é procedente substituír a obriga de readmitir pola indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno as empresas Guillermo Astiárraga García, Astiárraga García Montajes, S.L., AG Instalaciones y Montajes CB, Jorge Astiárraga García, e polo dito concepto, a que lle aboen ao demandante a cantidade de 2.545,59 euros. Igualmente debo condenar e condeno as referidas empresas a que lle aboen ao traballador, José Ángel Caballero Vargas, polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data desta resolución incluída, a cantidade de 8.766,80 euros. Declárase extinguida a relación laboral que unía o traballador José Ángel Caballero Vargas e as empresas Guillermo Astiárraga García, Astiárraga García Montajes, S.L., AG Instalaciones y Montajes CB,

Jorge Astiárraga García desde a data desta resolución. Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Guillermo Astiárraga García, Jorge Astiárraga García e AG Instalaciones y Montajes, C.B., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou de se tratar de emprazamento.

Lugo, 2 de xaneiro de 2009.

O secretario xudical

Rubricado