DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (347/2006).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 347/2006 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio González Carril contra a empresa Instalaciones Fiaño, S.L., sobre ordinario, ditouse resolución do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Estimo a demanda formulada por José Antonio González Carril contra a empresa Instalaciones Fiaño, S.L. e condeno a esta a aboarlle a cantidade de 7.540,32 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que deberá anunciar previamente neste xulgado do social, no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Advírtase á empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións da cantidade obxecto da condena. Se non cumprise este requisito non será admitido a trámite o recurso e a sentenza quedará firme.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Fiaño, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2009.

A secretaria xudicial

Rubricado