DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (686/2008).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou e e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 686/2008 por instancia de Francisco Caamaño Caamaño contra Distribuciones River Brown Galicia, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu setenza, con data do 15 de decembro de 2008 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Francisco Caamaño Caamaño, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Distribuciones River Brown Galicia, S.L. a que, á súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou lle indemnice coa cantidade de 8.820,18 euros, así como a aboarlle os salarios de tramitación ata a notificación da senteza e que no día da data ascenden á cantidade de 7.573,38 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer, deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións código 1533 0000 60 686 08 de Banesto (0030) desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentenza.

Así mesmo, advírtese á parte demandada que, se fai uso de tal dereito optando pola readmisión, durante a tramitación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestar os seus servizos á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Distribuciones River Brown Galicia, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña, 7 de xaneiro de 2009.

O secretario xudicial

Rubricado