DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (225/2008).

No xuízo referenciado ditouse resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 156.

En Vilagarcía de Arousa, o vinte e tres de outubro de dous mil oito.

Vistos por min, Santiago Rodríguez de Vicente Tutor, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento por falta de pagamento e reclamación de cantidade número 225/2008, actuando como parte demandante Servando Pérez Barreiro, na súa condición de apoderado de Marcos Pérez Méndez, representado pola procuradora señora Borrella Daponte e como demandado Germán Casal del Río, en situación de rebeldía procesual, en virtude das facultades que me foron conferidas pola Constitución e en nome de El-Rei, dito a seguinte sentenza:

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido estimar a demanda interposta pola procuradora sra. Borrella Daponte, en nome e representación de Servando Pérez Barreiro, na súa condición de apoderado de Marcos Pérez Méndez contra Germán Casal del Río, en situación de rebeldía procesual e en consecuencia, debo declarar e declaro proceder o desafiuzamento solicitado coa conseguinte resolución do contrato de arrendamento concertado o día 1-8-2005 sobre a vivenda sita no número 114, portal 1, 4º B, da avenida Rosalía de Castro da localidade de Vilagarcía de Arousa, debendo o demandado desaloxar esta, deixándoa baleira, expedita e á disposición do seu propietario co apercibimento de que, en caso contrario, será lanzado á súa costa e condenado o demandado ao pagamento da cantidade de 3.664,07 euros en concepto de rendas impagadas, subministracións debidas á data de presentación da demanda as que se vaian xerando ata o efectivo desaloxo do inmoble.

Procede impoñer as custas causadas á parte demandada.

Notifíqueselle esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta sentenza, cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de cinco días, o cal se preparará ante este xulgado.

Lévese o orixinal ao libro del sentenzas.

Por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O xuíz. O secretario».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto notifícaselle a Germán Casal del Río, como consecuencia do ignorado paradoiro e expídese esta notificación para que lles sirva de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 24 de outubro de 2008.

O secretario xudicial

Rubricado

Dilixencia de constancia.

Expídoa eu, o/a secretario xudicial, para facer constar que este edicto quedou fixado o día de hoxe no taboleiro de anuncios. Dou fe.