DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.427

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2009 pola que se integran determinados funcionarios do corpo de profesores titulares de escola universitaria no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional segunda dispón o seguinte:

1. «... os profesores titulares de escola universitaria que, no momento da entrada en vigor da lei, posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente, e se acrediten especificamente no marco do previsto polo artigo 57, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade, nas súas propias prazas...»

3. «Os que non accedan á condición de profesor titular de universidade permanecerán na súa situación actual mantendo todos os seus dereitos e conservando a súa plena capacidade docente e, de ser o caso, investigadora...».

Así mesmo, a disposición adicional décima establece que:

«Os que resultasen habilitados ou habilitadas conforme a regulación correspondente contida na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e a súa normativa de desenvolvemento, entenderase que posúen a acreditación regulada na reforma da devandita lei orgánica realizada por esta lei...»

Polo tanto, unha vez comprobado o cumprimento polos interesados dos requisitos establecidos e consonte co disposto nas citadas disposicións adicionais e en uso das atribucións conferidas ao meu cargo pola Lei orgánica de universidades e o Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro (DOG do 9 de febreiro e BOE do 22 de abril), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo o seguinte:

Quedan integrados no corpo de profesores titulares de universidade os funcionarios do corpo de profesores titulares de escola universitaria pertencentes a esta universidade, que se relacionan a continuación, e quedan adscritos ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro en que estivesen no seu corpo de orixe:

Apelidos e nome: López Rodríguez, Ramón.

DNI: 33817812-S.

Área de coñecemento: didáctica das ciencias experimentais.

Data de efectos da integración: 5-11-2008.

Apelidos e nome: Taracido Trunk, Margarita.

DNI: 35259569-V

Área de coñecemento: medicina preventiva e saúde pública.

Data de efectos da integración: 15-10-2008.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición ante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación; neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2009.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela