DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.426

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2009 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala administrativa, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala administrativa, polo sistema de promoción interna, da Universidade da Coruña, convocadas por Resolución do 22 de febreiro (DOG do 14 de marzo).

Verificada a concorrencia, nas persoas aspirantes aprobadas, dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria consonte o disposto no Decretro lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos Estatutos da Universidade da Coruña, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarias de carreira da escala administrativa da Universidade da Coruña as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo, ordenadas consonte a puntuación final alcanzada.

Segundo.-Para adquirir a condición de funcionario de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decretro lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2009.

Jose Mª Barja Pérez

Reitor da Universidade da Coruña

Ver referencia pdf "02400D013P050.PDF"