DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.421

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2009 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na resolución de 20 de xaneiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG número 16, do 23 de xaneiro) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 29 de xaneiro no salón de actos grande da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.

Conforme o resultado del, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2009 empezará por aqueles cuxo primeiro apelido empece pola letra D.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2009.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza