DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.420

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 29 de xaneiro de 2009 pola que se resolve o concurso 2/2008 para a provisión de postos de traballo vacantes na escala de inspección turística da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 17 de setembro de 2008.

Convocado o concurso 2/2008 da escala de inspección turística da Administración da Xunta de Galicia por Orde do 17 de setembro de 2008 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Diario Oficial de Galicia nº 184, do 23 de setembro), e á vista da proposta de adxudicación de vacantes aos participantes nel, elevada pola comisión de valoración, mediante acordo adoptado na sesión do 28 de xaneiro de 2009, esta consellería, de conformidade co previsto nas bases VI.2 e VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 2/2008, adxudicándolles aos/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo I os postos de traballo que nel se especifican.

Segundo.-De conformidade co disposto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII da convocatoria do concurso, a toma de posesión no posto de traballo obtido no concurso será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade ou dun mes se radica en localidade distinta.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao de cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso no servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

O cómputo dos prazos posesorios (prazo de cesamento e prazo de toma de posesión) iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos interesados. Nos supostos de baixa, o cómputo iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-De acordo coa resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 6 de marzo de 2007, pola que se ditan instrucións sobre os prazos posesorios na provisión de postos de traballo, na dilixencia de toma de posesión deberá consignarse como efectos administrativos os do día seguinte ao do cesamento.

Quinto.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, caso en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito nos tres días seguintes ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública.

Os traslados que se deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios, en consecuencia non xerarán dereito a indemnización.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesa data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2009.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "02400D009P045.PDF"