DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2009 pola que se crean determinados ficheiros de datos de carácter persoal no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Constitución española, no seu artigo 18.4º, dispón que a lei limitará o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro) e o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da devandita lei orgánica, regulan o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da dita lei establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente. Así mesmo, o artigo 52 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da citada lei, dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros de titularidade pública só poderá facerse por medio de disposición xeral ou acordo publicado no BOE ou diario oficial correspondente, e permite no seu artigo 53 que, no caso dos organismos, a disposición revista a forma de resolución do titular deles.

Na súa virtude e facendo uso das facultades que me confire o artigo 6 da Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta resolución créanse os ficheiros de datos de carácter persoal que se especifican no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e no artigo 54 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da citada lei, para as disposicións de creación dos ficheiros, está contida no anexo desta orde.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, incluídos nos ficheiros do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral creados por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e nos especificados no anexo. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5º.-Órgano responsable dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle ao Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, organismo autónomo adscrito á Consellería de Traballo.

No anexo detállase a unidade ante a que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6º.-Nivel de protección e medidas de seguridade.

O nivel dos ficheiros creados por esta resolución establécese atendendo ao disposto no artigo 80 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo aparece a súa clasificación (nivel básico, medio ou alto).

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a súa confidencialidade e os dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Disposición adicional

No caso de cesións dos datos aos servizos de estatística das administracións públicas haberá que aterse, ademais, ao disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2009.

Miguel José Martínez Losada

Director do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Ficheiros de nova creación responsabilidade do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

1. Persoal.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos.

Xestión de recursos humanos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, usados para realizar as funcións de competencia da Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

b) Órgano responsable do ficheiro.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoal que presta servizos no instituto e centros dependentes.

d) Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

e) Nivel do ficheiro.

Medio.

f) Procedencia e procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios. O propio interesado ou seu representante legal, administracións públicas.

g) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos).

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, número SS/mutualidade, número de rexistro persoal, nome e apelidos, enderezo, teléfono, teléfono móbil.

Datos de características persoais: sexo, data e lugar de nacemento, profesión.

Outro tipo de datos: datos de detalles de emprego, datos económicos, financeiros e de seguros, datos de circunstancias sociais, datos académicos e profesionais, datos de sancións administrativas.

h) Sistema de tratamento.

Mixto.

i) Encargado do tratamento.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Servizo de Administración Xeral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

j) Comunicacións ou cesións de datos.

Non están previstas.

k) Transferencias internacionais de datos a países terceiros.

Non están previstas.

2. Xestión de habilitacións.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos.

Control e seguimento da facturación e orzamento deste instituto. Xestión contable, fiscal e administrativa.

b) Órgano responsable do ficheiro.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Persoas e colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos.

Administracións públicas, o propio interesado ou o seu representante legal. Persoas e colectivos que teñen relacións económicas con este instituto.

d) Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

e) Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, rdificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

e) Nivel do ficheiro.

Medio.

f) Procedencia e procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios, vía telemática. O propio interesado ou seu representante legal, administracións públicas.

g) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos).

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos ou razón social, enderezo, teléfono, teléfono móbil, fax, outros datos de carácter identificativo.

Outro tipo de datos: datos económico-financeiros e de seguros.

h) Sistema de tratamento.

Mixto.

i) Encargado do tratamento.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Servizo de Administración Xeral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

j) Comunicacións ou cesións de datos.

Non están previstas.

k) Transferencias internacionais de datos a países terceiros.

Non están previstas.

3. Xestión de usuarios.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos.

Control administrativo e de xestión de usuarios informáticos deste instituto co gallo de aplicar políticas de seguridade no referente á xestión de usuarios.

b) Órgano responsable do ficheiro.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Persoas e colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoal do instituto con acceso a recursos informáticos do instituto.

d) Servizos ou unidades ante os cales poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

e) Nivel do ficheiro.

Básico.

f) Procedencia e procedemento de recollida de datos.

Formularios. O propio interesado ou o seu representante legal.

g) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos).

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, centro de traballo, teléfono do traballo, fax, identificación de usuario.

Outro tipo de datos: datos de detalle do emprego.

h) Sistema de tratamento.

Mixto.

i) Encargado do tratamento.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Servizo de Administración Xeral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

j) Comunicacións ou cesións de datos.

Non están previstas.

k) Transferencias internacionais de datos a países terceiros.

Non están previstas.

4. Accidentes.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos.

Control informatizado de todos os accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Posibilidade de localizar con rapidez calquera accidente e realizar estatística sobre todos os datos.

Fins históricos, estatísticos ou científicos. Función estatística pública.

b) Órgano responsable do ficheiro.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Persoas e colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos.

Aqueles traballadores que teñan accidentes laborais ou enfermidades profesionais.

d) Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

e) Nivel do ficheiro.

Alto.

f) Procedencia e procedemento de recollida de datos.

Rexistros públicos, ministerio competente en materia de seguridade e saúde laboral. Traspaso de datos desde o ministerio.

g) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos).

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, outros datos de carácter identificativo, teléfono, número SS/mutualidade, empresa.

Outro tipo de datos: datos de características persoais, datos de detalle de emprego, datos relativos ao accidente, datos asistenciais e económicos.

h) Sistema de tratamento.

Mixto.

i) Encargado do tratamento.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Servizo Técnico e de Planificación, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

j) Comunicacións ou cesións de datos.

Non están previstas.

k) Transferencias internacionais de datos a países terceiros.

Non están previstas.

5. Sistema de información de medicina laboral.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos.

Elaboración e xestión de historiais clínicos e probas complementarias obtidas nos recoñecementos médicos aos traballadores, realizadas no marco das funcións de vixilancia epidemiolóxica, encomendadas ao instituto. Ademais dos casos estudados a petición dos organismos competentes en saúde laboral para o diagnóstico de enfermidades profesionais.

Investigacións epidemiolóxicas e actividades semellantes.

b) Órgano responsable do ficheiro.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Persoas e colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos.

Todos os traballadores que teñan accidentes, lesións ou enfermidades no ámbito laboral.

d) Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, edificio administrativo, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

e) Nivel do ficheiro.

Alto.

f) Procedencia e procedemento de recollida de datos.

O propio interesado ou o seu representante legal. Formularios, análises clínicas, revisións médicas.

g) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos).

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, outros datos de carácter identificativo, teléfono, número SS/mutualidade, número de historia clínica.

Outro tipo de datos: datos de características persoais, datos de información comercial, datos económicos, financeiros e de seguros, datos académicos e profesionais, datos de detalle de emprego.

Outros datos especialmente protexidos: saúde.