DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO VALADOURO

ANUNCIO.

No BOP nº 288, do 16 de decembro de 2008 publicáronse integramente as bases reguladoras da convocatoria de subvencións a asociacións de veciños para investimento en infraestruturas e equipamentos de carácter comunitario para o ano 2008, aprobadas na sesión plenaria ordinaria realizada o día 28 de novembro de 2008.

O prazo para presentar as correspondentes solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Valadouro, 12 de xaneiro de 2009.

Eulogio Fernández Sampayo

Alcalde-presidente