DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÁBADE

EDICTO.

Manuel Lombao Valiña solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a apertura dun almacén de materiais de construción, que se situará no políg. ind. 2ª fase, parcela 18B’, rúa A, cumprindo o disposto no artigo 8.1º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental; así sométese a información pública por período de dez a vinte hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Rábade, 30 de decembro de 2008.

Francisco Xosé Fernández Montes

Alcalde