DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

Solicitada a licenza de ampliación de nave para vacún de leite, esterqueira e foxa de zurro, na parcela nº 358 do polígono 1, no lugar de Vilaoudriz, sometida a avaliación de incidencia ambiental por María Ángeles Trevín Reimonde, en representación de SAT Zarralleiro, neste concello estase a tramitar o oportuno expediente. Cumprindo co disposto polo punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Pontenova, 23 de decembro de 2008.

Darío Campos Conde

Alcalde