DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do 22 de xaneiro de 2009 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

61. Rectificación acordo nº 19 da Xunta de Goberno local do 15-1-2009:

Alfredo Blanco López, en representación da xunta de compensación da AR 38-N A Chavasqueira. Expediente planeamento urbanístico nº 548/08. Estudo de detalle do AR 38-N A Chavasqueira.

Apreciado erro material na redacción do acordo nº 19 da Xunta de Goberno local do 15 de xaneiro de 2009, a Xunta de Goberno local, de conformidade coa proposta, por unanimidade, acorda:

Corrixir o erro, que debe quedar como segue:

1º) Aprobar inicialmente o estudo de detalle da AR 38-N A Chavasqueira, presentado por instancia da xunta de compensación da AR 38-N A Chavasqueira (representada por Alfredo Blanco López). E

2º) Sometelo a información pública polo prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior circulación da provincia e con notificación individualizada a todos os propietarios do ámbito.

Ourense, 22 de xaneiro de 2009.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde-presidente