DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

ANUNCIO.

O Concello de Friol convoca proceso de funcionarización de persoa laboral fixo do Concello de Friol de dúas prazas de administrativos de Administración xeral (incluídas nas oferta de emprego para 2008). No BOP nº 299, do 30 de decembro de 2008, publícanse as bases e a convocatoria para o proceso de funcionarización de persoal laboral fixo do Concello de Friol como administrativos de Administración xeral mediante concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE (de acordo co disposto nas bases aprobadas). No devandito prazo os interesados presentarán as súas solicitudes (xunto coa documentación acreditativa dos méritos alegados) nas oficinas municipais, ou ben polos restantes procedementos admitidos na vixente lexislación de procedemento administrativo, de conformidade co previsto nas bases da convocatoria. Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria

publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Friol, 30 de decembro de 2008.

O alcalde

Rubricado