DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

MODIFICACIÓN do anuncio para a contratación do servizo de conservación e mantemento dos mercados municipais (referencia As-58/2008).

En cumprimento do acordo da Xunta de Goberno Local, do 30 de decembro de 2008, de modificación do prego de cláusulas administrativas regulador da contratación, mediante procedemento aberto con diversos criterios de valoración, do servizo de conservación e mantemento dos mercados municipais (As-58/2008), rectifícase o anuncio publicado nese DOG con data do 19 de novembro pasado, páxina 20.924, nos puntos seguintes:

7. Clasificación: debe constar grupo O, subgrupo 1, categoría b.

8. Presentación de proposicións: a) Data límite de presentación: debe constar ata as 13.00 horas do día 23 de febreiro de 2009.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2009.

P.D.

Obdulia Taboadela Álvarez

Concelleira delegada de Interior, Persoal

e Informática