DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de modificación do convenio urbanístico de planeamento asinado con data do 1 de xullo de 2008 con Desarrollos Urbanísticos Beluso, S.L.

Aprobada polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar con carácter ordinario o 5 de novembro de 2008, a proposta da Alcaldía-Presidencia pola cal se aproba a modificación do convenio urbanístico asinado con Desarrollo Urbanísticos Beluso, S.L. que se vai desenvolver no lugar da Graña deste termo municipal, por medio deste anuncio sométese o expediente a información pública por un período de vinte días, mediante a inserción de anuncio indicativo no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do Concello de Bueu. Tamán se poderá consultar nas dependencias de Secretaría do Concello de Bueu.

Logo da información pública, o órgano que negociase o convenio deberá, á vista das alegacións, elaborar unha proposta de texto definitivo do convenio, a cal lles presentará ás persoas que negociaron o texto incial para a súa aceptación, reparos ou, se é o caso, renuncia; o texto definitivo do convenio debe ser ratificado novamente polo Pleno.

Bueu, 10 de novembro de 2008.

P.D.

Martín Villanueva Pastoriza

Alcalde delegado