DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

EDICTO.

Por resolución da Alcaldía de data do 26 de xaneiro de 2009, aprobouse a lista dos aspirantes que superaron o concurso de méritos convocado para as prazas correspondentes a oferta de emprego de 2007, o que se publica para os efectos oportunos:

«Asunto: resolución concurso para cubrir as prazas de 1 técnico/a de cultura, 1 técnico/a de educación, 1 coordinador/a de radio, 1 auxiliar da oficina de información turística, 1 encargado/a de xardinería, 2 oficiais grumir, 1 limpador/a e 2 prazas de axudante no fogar.

Vista a proposta da Comisión de Valoración con data do 23 de xaneiro de 2009 de acordo co establecido na base 8ª das bases específicas de selección de persoal laboral publicadas no BOP nº 223, do 26 de setembro de 2008, con corrección de erros publicada no BOP nº 230, do 4 de outubro, en relación co concurso para contratar en réxime laboral fixo, a 1 técnico/a de cultura, 1 técnico/a de educación, 1 coordinador/a de radio, 1 auxiliar da oficina de información turística, 1 encargado/a de xardinería, 2 oficiais grumir, 1 limpador/a e 2 prazas de axudante no fogar.

Feita a valoración dos méritos achegados polos/as concursantes.

De conformidade co artigo 21.1º h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar a relación de concursantes proposta pola Comisión de Valoración cualificadora, que superaron o concurso de méritos convocado, que é a seguinte:

Ver referencia pdf "02300D071P110.PDF"

Segundo.-Formalizar o contrato de duración indefinida en réxime de dedicación a tempo completo dos/as aspirantes aprobados/as.

Terceiro.-Publíquese esta resolución no Diario Oficial de Galicia. Asdo.: o alcalde, Francisco García Suárez e o secretario».

O que se fai público, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria do proceso de selección das nomeadas prazas en réxime de persoal laboral fixo.

Contra esta, que é definitiva nesta vía administrativa, procede o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme o artigo 46.1º da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá, non obstante, interpoñer, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante esta Administración, conforme a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigos 116 e 117), no prazo dun mes, contado, así mesmo, desde o día seguinte ao da súa publicación.

Allariz, 26 de xaneiro de 2009.

Francisco García Suárez

Alcalde