DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2009 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de subministración de enerxía eléctrica para o edificio do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de subministración de enerxía eléctrica para o edificio do Igape en Santiago de Compostela (PA 1/09).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/09.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de enerxía eléctrica para o edificio do Igape en Santiago de Compostela.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de entrega: edificio Igape Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 12 meses, e o inicio da vixencia non será anterior ao 10 de abril de 2009, e poderá prorrogarse por outros 12 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 218.160 € (douscentos dezaoito mil cento sesenta euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 34.905,60 € (trinta e catro mil novecentos cinco euros con sesenta céntimos), total de 253.065,60 € (douscentos cincuenta e tres mil sesenta e cinco euros con sesenta céntimos) correspondendo 109.080 € (cento nove mil oitenta euros) máis 17.452,80 (dezasete mil catrocentos cincuenta e dous euros con oitenta céntimos) de IVE, total de 126.532,80 € (cento vinte e seis mil cincocentos trinta e dous euros con oitenta céntimos) ao prazo de vixencia inicial (12 meses) e 109.080 € (cento nove mil oitenta euros) máis 17.452,80 (dezasete mil catrocentos cincuenta e dous euros con oitenta céntimos) de IVE, total de 126.532,80 € (cento vinte e seis mil cincocentos trinta e dous euros con oitenta céntimos) ao da posible prórroga (12 meses), co seguinte desagregamento por prezos unitarios máximos:

-Concepto: aluguer equipo medida/mes.

Importe sen IVE (A): 90.

IVE (B): 14,40.

Importe con IVE (A+B): 104,40.

-Concepto: prezo kW/hora.

Importe sen IVE (A): 0,12.

IVE (B): 0,02.

Importe con IVE (A+B): 0,14.

5. Garantía provisional: 3.272,40 €.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica, experiencia en subministracións similares, e atoparse inscrito como comercializadora no rexistro administrativo correspondente, o que se acreditará polos medios establecidos no punto C da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o 16-3-2009.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: un mes desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 27-3-2009.

e) Hora: 12.00.

10. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto G da folla de especificacións.

11. Gastos de anuncios: 4.400 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso). 27-1-2009.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2009.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica