DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2009 de emprazamento para trámite de audiencia, devolta polo servizo de correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a localización para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2008/031-0, polas obras realizadas en solo rústico sen autorización autonómica, no lugar das Castranelas 11, parroquia de Dorneda, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña, en terreos propiedade de Aniceto Fernández Gómez.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na citada Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente.

Durante este prazo poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2009.

Hipólito Pérez Novo

Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística