DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 30 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 464/2008.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Expediente nº: 464/2008.

Acta nº: I362008000077080.

Empresa: Construcciones Filhos & Dinis, L.D.A.

DNI/NIF: N-0102411-F.

Enderezo: avda. Constitución, 76-9 A, escaleira esquerda-Xixón.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 33 do convenio colectivo, en relación co disposto nos artigos 34.1º e 37.2º do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5.1º, 7.5º, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 24-10-2008.

Resolución: multa de 626 €.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Delegación Provincial da Consellería de Traballo de Pontevedra, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 30 de decembro de 2008.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra