DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 16 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 10 de outubro de 2008 de recurso de reposición das axudas á contratación temporal do expediente administrativo AS344C 2005/12-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de recurso de reposición da solicitude das axudas á contratación en prácticas do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 18 de marzo de 2005 (DOG do 18 de marzo), publícase:

«1º Expediente de procedemento: AS344C 2005/12-5.

Orde de convocatoria: 18 de marzo de 2005 (DOG do 18 de marzo).

Interesado: Icages Consulting, S.L.

Enderezo: Sagasta, 6-1º, 36001 Pontevedra (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Traballo do 10 de outubro de 2008, ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2005.

Resolución:

Visto o recurso de reposición interposto polo interesado, notifícolle a resolución adoptada por esta delegación provincial:

Antecedentes.

1. A Resolución do 20-4-2008, notificada o 27-4-2005, declarou a desistencia da solicitude de axudas para a contratación dun traballador incoporado ao Programa Labora presentada por Juan José Filgueira Estévez, en nome e representación de Icages Consulting, S.L.

2. O interesado presentou recurso de reposición con data do 5-5-2005.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para resolver o recurso vén determinada polas disposicións seguintes:

-Artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Artigo 3 e disposición adicional terceira da Orde do 9 de marzo de 2004 (DOG do 18 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos á contratación por conta allea como medida de mellora da empregabilidade de colectivos desfavorecidos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004.

-Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, e a Orde do 7 de setembro de 2006, da Consellería de Traballo, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Traballo.

Segundo.-A resolución obxecto de recurso desestimou a solicitude de axudas porque a persoa contratada, Mónica Rodríguez Alonso, non tiña na data do inicio da relación laboral a condición de beneficiaria do Programa Labora: xuventude con experiencia, polo que non estaba incluida no colectivo establecido na base cuarta do anexo C.

Terceiro.-O recorrente alega que a traballadora intentou darse de alta no Plan Labora o 28 de xaneiro de 2005 e de novo o 1 de febreiro de 2005, pero que a súa non inclusión foi debida a problemas informáticos.

Cuarto.-De acordo cos datos de que dispón esta delegación, a traballadora solicitou a súa incorporación ao Plan Labora o 28-1-2005. Porén, non foi efectivamente aceptada nel ata o 17-2-2005, momento posterior ao contrato obxecto da solicitude. Polo tanto, na data de inicio da relación laboral (7-2-2005) non tiña a condición de beneficiaria do Programa Labora.

Quinto.-Por todo o anteriormente exposto, tendo en conta que as alegacións do recorrente non desvirtúan a fundamentación anterior e conforme os principios de legalidade e obxectividade que rexen a actividade administrativa en materia de fomento, que impiden exceptuar a aplicación da normativa reguladora para atender as pretensións formuladas, o recurso non pode ser estimado.

En virtude dos antecedentes e fundamentos expostos,

RESOLVO:

Desestimar o recurso de reposición interposto por Juan José Filgueira Estévez, en nome e representación de Icages Consulting, S.L. con data do 5-5-2005, e confirmar a resolución ditada o 20-4-2005.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo), reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de outubro de 2008. P.D. Pedro Borrajo Rivas, delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Vigo.

Vigo, 16 de decembro de 2008.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra