DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 2008/634.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Traballo da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 2008/634.

Acta informativa nº: I152008000132821.

Empresa: Rodríguez y Bocija, S.C.

NIF/DNI: G-70154380.

Enderezo: rúa Luis Calvo 13 ent. (Carballo).

Materia: seguridade e saúde.

Proposta de sanción: 2.046 €.

Resumo da acta de infracción: accidente laboral grave do traballador Manuel Rodríguez Velo.

Normativa infrinxida: Real decreto 1215/1997.

Tipificación: Real decreto lexislativo 5/2000. Falta grave en grao mínimo.

Documentos obrantes no expediente:

-Acta da infracción.

-Escrito concedendo o trámite de audiencia.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2009.

María Debén Alfonso

Delegada provincial da Coruña