De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo delegado provincial.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servizos múltiples, 5º andar, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 9 de xaneiro de 2009.
Manuel Tajes Gómez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-CON-2008-0035.
Interesado: Rafael Xaneiro Caramés.
Acto notificado: resolución.