DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia no expediente SAN-CO-0195/2008-IA e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola delegada provincial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Delegación Provincial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo, 3º andar, Monelos (A Coruña), en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2009.

Olga María García Agra

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAN-CO-0195/2008-IA.

Denunciado: Ángel Serrano Gallego.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-CO-0265/2008-BA.

Denunciado: Manuel Mejuto Sexto.

Acto de notificación: proposta de resolución.