DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 07/492-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: José Ángel Valente, 17-local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T., C.S. e C.T.I. Pardiñas (cambio de tensión a 20 kV punto fronteira As Pardiñas).

Situación: Ordes.

Características técnicas: L.M.T. soterrada a 15/20 kV en condutor R.H.Z.-3 (1×240 mm2 Al), cunha lonxitude de 0,050 km, con orixe na L.M.T. denominada Pardiñas-Marís (expediente IN407A 02/163-1) e remate no C.S. das Pardiñas proxectado.

L.M.T. soterrada a 15/20 kV en condutor R.H.Z.-3 (1×95 mm2 Al), cunha lonxitude de 0,012 km, con orixe no C.S. proxectado e remate no C.T. Pardiñas proxectado.

Centro de seccionamento con catro (4) celas de M.T.

Centro de transformación con dúas (2) celas de M.T. e un trafo de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,4-0,23 kV. Parroquia de Poulo, concello de Ordes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña