DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4711/2007, contra a Orde do 19 de setembro de 2007 pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Curtis (A Coruña).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo 4711/2007, interposto por Sueros de Galicia, S.A., contra a Orde do 19 de setembro de 2007, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Curtis (A Coruña).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 26 de maio de 2008.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2009.

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes