DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de reposición interposto por Alberto Vázquez Domínguez.

Con data do 28 de novembro de 2008 o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto por Alberto Vázquez Domínguez, contra a Orde do 31 de outubro de 2008 pola que se convocan para a elección de destino provisional os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 005 (oficial 2ª cociña//cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e acceso libre.

Tentada, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo por ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Alberto Vázquez Domínguez a resolución antes referida.

O recorrente pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2009.

Mª del Mar Rodríguez Fernández

Directora xeral da Función Pública