DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia a contratación para o servizo da oficina técnica para o desenvolvemento da televisión dixital terrestre en Galicia, cofinanciado con fondos Feder (80% de cofinanciamento).

A Secretaría Xeral de Comunicación, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar o concurso que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Comunicación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo da oficina técnica para o desenvolvemento da televisión dixital terrestre en Galicia, cofinanciado con fondos Feder (80% de cofinanciamento).

b) Prazo de execución: doce meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: douscentos dezaoito mil euros (218.000 €), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisoria: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación das ofertas: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación de proposicións:

-No rexistro xeral da Xunta de Galicia.

-Por correo na forma indicada no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro. (Fax 981 54 12 77).

c) Documentación que deben presentar os licitadores: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares (número 5) e no prego de prescricións técnicas.

7. Obtención de documentación e información.

Nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, sita no edificio administrativo, bloque 3-2º, de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 58 74.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp

8. Apertura de proposicións.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicarase aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura dos sobres número 3 (documentación relativa aos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas).

O importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2009

Fernando Salgado García

Secretario xeral de Comunicación